Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

O Congreso Internacional Lusocom 2016 amplía o prazo de recepción de abstracts ate o 22 de maio

17/05/2016

A organización do XII Congresso Internacional Lusocom e II Mediacom amplía o prazo para a recepción de propostas de comunicacións ate o 22 de maio.
A presentación de propostas debe ser realizada a través do formulario aloxado no propio site, mediante a presentación dun resumo dun máximo de 500 palabras. Non hai límite ao número de resumos permitidos por autor. No entanto, cada participante só poderá ser primeiro autor de, como máximo, dúas propostas. Se foran aceptadas máis de dúas propostas por autor, o participante deberá escoller cales deben ser mantidas no programa.
Os traballos serán presentados sempre polo primeiro autor. Ningún participante poderá, por iso, presentar máis de dous traballos.

Línguas de traballo: Português e Galego

MÁIS NOVAS
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
Margarita Ledo Andión recibe o XII Premio de Igualdade “Ernestina Otero” 
A Catedrática recollerá este recoñecemento o vindeiro venres 15 de marzo.
07/03/2024

O Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller entregarán o Premio de lgualdade ”Ernestina Otero” á Catedrática emérita e membro do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo Andión. A entrega do premio honorífico realizarase no transcurso dunha gala que terá lugar o venres 15 de marzo ás 20:00 horas no salón de recepcións […]

Seguir lendo
Aberta a inscrición para a décima edición do CO(M)XÉNERO. Imaxes do delito.
O seminario terá lugar nos días 8 e 9 de abril na Facultade de Cc. da Comunicación.
26/02/2024

Os días 8 e 9 de abril de 2024, a décima edición do CO(M)XÉNERO, organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA), aborda as prácticas fotográficas feministas, os espazos nos que se producen, as posicións dende as que se enuncian e os seus mecanismos de visibilización. Pilar Aymerich, Premio Nacional de Fotografía 2021, capturou coa súa […]

Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais