Margarita Ledo participa na presentación do proxecto “Cinema e Muller” na Mostra de Cinema Periférico (S8)
Margarita Ledo, coordinadora do Grupo de Estudos Audiovisuais, intervirá o sábado 4 de xuño, na Sala (S8) do PALEXCO da Coruña, nun debate sobre cinema e xénero como parte da presentación do proxecto “Cinema e Muller” na séptima edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico. O debate estará moderado por Ángel Suanzes e participarán tamén nel as impulsoras do proxecto, Xisela Franco e Beli Martínez, así como Diana Toucedo, Jaione Camborda, Carla Andrade e Xiana Gómez-Díaz, protagonista esta última tamén dun foco especial na Mostra no que se presentarán os seus filmes.
O proxecto, promovido dende a Deputación de Pontevedra, nace coa intención de dotar de visibilidade ás creadoras do audiovisual para fomentar unha maior participación das mulleres na creación da cultura e da arte. A iniciativa inclúe, ademais da organización de charlas e unha mostra de cinema galego que tivo lugar entre Pontevedra e Vigo o pasado marzo, un mapeo de mulleres realizadoras vinculadas á provincia e un filme colaborativo, Visións, que se proxectará para pechar o acto e inclúe as seguintes curtas: Listen to Me de Carla Andrade, Proxectar-se de Eva Calvar, 1/2 de Olaia Sendón, Ambos mundos de Claudia Brenlla, Ei, guapa! de Sonia Méndez, Aava de Andrea Zapata-Girau, Aquí dentro de Lara Bacelo, Zeitübergreifend de Begoña M. Santiago, Voguing de Carme Nogueira e Corpo preto de Diana Toucedo.
Esta edición do (S8), que terá lugar entre o 1 e o 5 de xuño, leva o nome “Os novos impresionistas”, e reunirá a cineastas como Stephen Broomer ou Jacques Perconte, ademais de adicar un programa histórico á cineasta, teórica e crítica Germaine Dulac.
https://youtube.com/watch?v=QDGTThTxhZ4
A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]
Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]
A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]