Divisións Temáticas Ibercom (DTIs)

Políticas culturais, tecnoloxías e esferas do poder (DTI 1)
Coordinación: Francisco  Sierra (U. de Sevilla), Luis Humberto Marcos (ISMAI-Instituto Universitario-Portugal), Enrique Sánchez (U. de Guadalajara-México), Eliseo Colón (U. de Puerto Rico)
- O papel das tecnoloxías e das novas experiencias na democratización do espazo mediático, dos seus usos sociais, e do dereito á apropiación deste espazo para diferentes prácticas de comunicación e de expresión  en conxunción coa configuración de novas esferas participativas.
- Cara a definición dun novo mapa de relacións entre instancias plurais de planificación cultural  e o dereito á comunicar: accesibilidade e diversidade como aspectos constituíntes.
- Novos modelos  comunicacionais e construcción de contornos-rede como parte da esfera pública
- Aspectos regulamentares: gobernanza e modalidades de  autoría

Estruturas e soportes de comunicación: produción, consumo e recepción (DTI 2)
Coordinación:  Xosé Videla (UdC), Francisco Campos (USC), Isabel Ferin Cunha (U. Coimbra- Portugal), João Freire  (UFRJ – Brasil)
- Estudo da creatividade, deseño, innovación e planificación para a produción e xestión de contidos xornalísticos nos medios impresos, audiovisuais, dixitais, redes sociais e outras formas de comunicación relacionadas cos mesmos.
- Condicións organizativas e profesionais da actividade xornalística e das outras formas de comunicación
- Criterios e sistemas de calidade, de regulación, corregulación, autorregulación, responsabilidade social e propiedade intelectual relacionados cós ámbitos profesionais e empresariais da información e a comunicación
- Técnicas e formas de ideación, creación, innovación, produción, relación, mediación, interación e circulación da información e a comunicación
- Tendencias, estratexias e técnicas de promoción e comercialización de productos, bens e servizos de información e comunicación
- Transformacións do mercado da comunicación e efectos da crise na estrutura empresarial dos medios.
- Evolución das estruturas e modelos de negocio dos medios tradicionais e das novas formas e axentes (micromedios, infomediarios e plataformas) da cadea de valor da produción, intermediación e distribución dos contidos.
- Converxencia de contidos e plataformas. O consumo multimedia. Produtos transmedia e crossmedia. O estudio das audiências aplicadas aos medios tradicionais e novos medios.
- A comunicación de mobilidade e a través das redes sociais virtuais.
- As novas tendencias e formas de recepción, de consumo, de interacción e participación de usuarios e audiencias.

Comunicación estratéxica, organizacional e publicitaria (DTI 3)
Coordinación: Margarida Maria Krohling Kunsch (USP-Brasil), Emma Torres (UVigo), Carmen Costa (UdC), Enrique Castelló (USC)
Análise e reflexión sobre as novas formas de comunicación corporativa e publicitaria, atendendo ás novas canles e soportes, ás estratexias que as poñen en marcha, así como aos resultados conseguidos. Unha ollada aos actores sociais que comunican (empresas, institucións, partidos políticos, asociacións…) e aos procesos de relación cos seus públicos. Novas propostas, comunicación na Rede e comunicación multimedia.
Liñas de traballo:
- Estratexias de comunicación
- Comunicación de Crise. Comunicación de Riscos.
- Comunicación empresarial e institucional
- Redes sociais e comunicación corporativa
- Reputación 2.0 e estratexia dixital
- Publicidade e novas alternativas

Teoría e métodos de investigación (DTI 4)
Coordinación:  Miguel Silva (U.Porto-Portugal), Raúl Fuentes (Iteso- México), Lucrécia  Ferrara (PUCSP- Brasil), Richard Romancini (USP-Brasil)
Retos metodolóxicos que formulan os novos territorios e  os novos fenómenos dun mundo en mutación. Reflexión metodolóxica sobre  as experiencias  derivadas do traballo investigador:  obstáculos e renuncias ás que  se confronta a práctica da investigación.

Liñas de traballo:
- Avaliación metodolóxica da investigación empírica sobre comunicación. Deseños metodolóxicos para investigacións empíricas.
- Novos desenvolvementos nas técnicas, ferramentas e procedementos cuantitativos e cualitativos.
- Experiencias de traballo de campo.
- Problemas e posibilidades dos métodos de investigación participativa.
- Aproveitamento e limitacións das estratexias de triangulación metodolóxica.
- Propostas metodolóxicas para a abordaxe empírica do cibermundo.
- Recursos e políticas de axuda á investigación empírica sobre comunicación e cultura.
- Prácticas e métodos a redor das epistemoloxías do Sur

Educomunicación (DTI 5)
Coodinación: Marcelo Martínez (USC), Adilson Citelli (USP – Brasil), , Gabriel Kaplun (U. de la República-Uruguay), Lucía Castellón (U. Mayor-Chile)
A Educomunicación  como eido de investigación interdisciplinar que transcende os límites entre educación e comunicación para xerar espazos de encontro e traballo compartido, ben sexa dende a análise reflexiva, ou dende algún tipo de actividade creativa,  máis alá dun acto de alfabetización, sendo unha acción comprometida cun mesmo, os demáis e o contorno.
As liñas que se propoñen para o debate son as que siguen:
- Os proxectos educomunicativos como ferramentas de transformación social e dinamización comunitaria: procesos e produtos.
- A adquisición de competencias comunicativas desde unha perspectiva crítica: vías de participación e tomas de decisións.
- Metodoloxías de intervención e aprendizaxes significativos: vivencialidade na accón educomunicativa.
- Prealimentación e intelixencias múltiples na educomunicación: a emocionalidade do facer humano.

Os discursos da comunicación: migracións, xénero, movemento cidadán, folkcomunicación (DTI 6)
Coordinación: Aimée Vega Montiel (UNAM – México), Cicilia Peruzzo (UNESP-Brasil), Conceição Lopes (U. de Aveiro-Portugal), Olga Osorio (UdC)
Nas accións por apropiarse e democratizar a comunicación como ben común, fronte a deslexitimación e o cercamento do poder hexemónico dos espazos de comunicación e de representación social e cultural,  reactívanse cosmovisións, saberes e faceres, crenzas, formas de organización, redes sociais e cidadanas, formas de narración e expresión, formas de ser e de estar,… propios do convivio e da cotidianidade nas culturas e da mobilización política e de clase. O DTI  pode atender, xa que logo, as seguintes liñas:
- Cultura popular e comunicación:  memoria, transferenciaexpresión e apropiamentos da comunicación  no altermundismo e na diversidade.
- A acción comunicativa  e organizativa nos movementos sociais e culturais en Iberoamerica.
- Estereotipos e deslexitimación dos grupos sociais e culturais en Iberoamérica: poderes hexemónicos, procesos de cidadanía e medios de comunicación.
- Resistencia e transformación das culturas e dos pobos fronte á hexemonía comunicativa.
- Convivencia, cotidianidade e narratividade nas sociedades e culturas iberoamericanas.
- Iberomérica e a democratización comunicativa.

Estudos Cinematográficos e Audiovisuais (DTI 7)
Coordinación: José Luis Castro de Paz (USC), Gustavo Aprea (UBA- Argentina), Vitor Reia (U. do Algarve-Portugal), Renato Luiz Pucci Junior (UAM-Brasil)
Análise e estudo do cinema e do audiovisual  afondando nas súas transformacións  presentes e na súa función identitaria. Entre outras entradas,  propóñense as seguintes:
- Creación de contidos, formatos e tecnoloxía
- Mudanzas na programación, accesibilidade  e novo rol  das  audiencias en radio e  televisión.
- A análise fílmica dende os contextos históricos e sociais nos que os filmes  se producen.
- A autoría e os cinemas nacionais.

Historia da  Comunicación  e dos Media (DTI 8)
Coordinación: Alberto Pena (UVigo), Xosé Ramón Pousa (USC), António Holdlfeld (PUCRS-Brasil), Eduardo Gutiérrez (U. Javeriana, Cali- Colombia)

- Estudio histórico dos emisores, soportes, receptores e mensaxes da comunicación social en calquera das súas dimensións con carácter xeral. Perspectiva, política, social, cultural ou económica. Os grandes modelos discursivos: informativo, publicitario ou propagandístico. Dinámicas de interacción entre os medios de comunicación, as fontes e os públicos.
- Estudio da evolución histórica das empresas, das tecnoloxías e dos públicos da comunicación nos diferentes países e territorios. Experiencias e innovacións metodolóxicas, historiografías nacionais e internacionais e novas fontes e abordaxes científicas.
- Historia da comunicación a través dos soportes audiovisuais: Cinema, Radio, Televisión, Medios dixitais.
- Historias de carácter transversal: Historia da Comunicación, Historia da Prensa, Historia da Cultura e dos Media.

GRUPOS TEMATICOS
Coordinador: Xosé Rúas (UVigo)
O Congreso abre una liña destinada a grupos de investigación que poderán facer propostas relacionadas cos seus ámbitos de estudo, coa fin de incluílos como capítulos específicos do libro que se editará con posterioridade á celebración do mesmo.
Cada grupo terá que indicar título, mesa temática na que solicita inscribirse moderador/a dos resumos e comunicacións propostas, consorte os requisitos de matrícula e normas de estilo indicados nas bases do Congreso. Son necesarias un mínimo de cinco comunicacións procedentes de dous países ou centros para a súa aprobación e presentación.
As propostas de grupos, títulos, moderadores/as e comunicacións asociadas enviaranse por correo electrónico a xoseruas@gmail.com, nos mesmos prazos que rexen para o “call for papers”. Cando se confirme a súa aceptación, abonarase a cantidade de 100 euros por grupo, máis o pagamento da matrícula establecida para cada asistente ao Congreso.


PANEIS
A definición dunha axenda Iberoamericana -científica e política- de cooperación con AIECS/IAMCR

A Asociación Internacional de Estudos de Comunicación Social (AIECS, IAMCR segundo as súas siglas en inglés) é a organización mundial de profesionais no campo da investigación de medios e comunicación. Trátase dunha Organización Non Gubernamental (ONG) que mantén relacións oficiais coa UNESCO desde 1957. Para os académicos do mundo e as asociacións rexionais que nos agrupan, a AIECS é a instancia a traveso da que podemos influir na definición da axenda internacional sobre medios e comunicación. As asociacións que representan o espazo iberoamericano consideran que o congreso IBERCOM2013 é o contexto propicio para avanzar na constitución dunha axenda científica e política que puxe por unha meirande influencia da área na AIECS. Con iste obxectivo desenvólvese este encontro