Publícase o horario de celebración das mesas temáticas

Pode consultar o horario de celebración das mesas temáticas (non dos DTI) aquí

Publícase o horario provisional de presentación de comunicacións

Xa pode acceder ao horario provisional de exposicións de comunicacións. Se precisa notificar algunha incidencia, pode facelo a través de este formulario

Fin do prazo para o pago reducido

O prazo para o pago das cotas reducidas de asistencia e publicación remata o 15 de maio de 2013. A partir desa data os prezos serán:
Investigadores: 150 euros
Estudantes: 75 euros
Membros de AGACOM,  AssIBERCOM e RealCode: 75 euros
Máis información sobre o pago 

Calendario para a defensa de comunicacións

O vindeiro martes, día 14 de maio, publicarase o calendario final para a defensa das comunicacións aceptadas para a exposición oral. Poderán consultalo en www.ibercom2013.com

O prazo de envío de comunicacións remata o día 30 de abril

A data límite para o envío das comunicacións aceptadas remata o día 30 de abril de 2013. Ademais, poden efectuar o pago da súa inscrición a través de tarxeta de crédito ou de transferencia bancaria.
Acceda ao formulario para o envío da súa comunicación e rexistro  

Confirmación de aceptación de abstracts

O día 1 de marzo comeza o proceso de notificación de confirmación ou rexeitamento dos abstracts. Debido á elevada cantidade de abstracts recibidos, que superaron os 850, este proceso durará tres ou catro días. As notificacións realizaranse á dirección de correo indicada polos candidatos no formulario de envío de propostas. A organización de Ibercom 2013 agradece toda a colaboración prestada polos investigadores e investigadoras.

Finalizou o prazo de envío de abstracts

O prazo de envío de abstracts rematou o 31 de xaneiro. Consulte o calendario previsto de avaliación

Ampliación do prazo de presentación de abstracts

Ampríase o prazo de recepción de abstracs até o 31 de xaneiro de 2013

Idiomas oficiais do congreso

Galego
Portugués
Español
Inglés

Datas de interese

Envío de abstracts e comunicación
O prazo de envío de abstracts remata o 15 de xaneiro de 2013. Amplíase o prazo até o 31 de xaneiro
O prazo para a confirmación da aceptación da súa proposta remata o 1 de marzo de 2013
O prazo final para o envío das comunicacións completas remata o 30 de abril de 2013

Prazos de inscrición
Ata o 15 de maio de 2013
Investigadores: 100 euros
Estudantes: 50 euros
Membros de AGACOM e AssIbercom: 50 euros

A partir do 16 de maio de 2013
Investigadores: 150 euros
Estudantes: 75 euros
Membros de AGACOM e AssIBERCOM: 75 euros