Ibercom 2013

Santiago de Compostela
29 ao 31 de maio de 2013

  • Presentación
    Presentación

    Queridos colegas de Iberoamérica
    Como presidenta da AssIBERCOM, teño a felicidade de ter como primeiro evento da miña xestión o XIII Congresso IBERCOM, que se celebrará en Santiago de Compostela e organizado por esta inestimable amiga Margarita Ledo.

    Gustaríame tamén destacar, a través da realización deste congreso, o inicio dunha nova fase para a nosa entidade. Amósase a través das propostas da temática central, dos contidos das mesas plenarias e, principalmente, da creación das divisións temáticas IBERCOM (DTIs).
    Estas teñan a función de aglutinar e consolidar as investigacións que se realizan en Iberoamérica para que os investigadores desta área xeo-cultural poidan, cada vez máis, coñecerse e crear ou reforzar lazos culturais e afectivos.
    Por iso, as DTIs nacen con coordinacións colexiadas, reunindo na coordinación dunha mesma DTI colegas españois, portugueses e latinoamericanos/brasileiros.
    Comprometémonos a perfeccionalo cada vez máis, así como nos esforzaremos para que a AssIBERCOM se torne máis e máis representativa da unidade e diversidade que marcan o campo da investigación na Comunicación en Iberoamérica
    Un forte abrazo
    Inmacolata

    DIRETORIA (2012-2015)
    Presidenta
    Maria Immacolata Vassallo de Lopes (Brasil) Universidade de São Paulo

    Vice-Presidentes
    Margarita Ledo Andión (Galicia) Universidad Santiago de Compostela
    Carlos Arroyo Gonçalves (Bolívia) Universidad Católica Boliviana San Pablo
    Margarida Maria Krohling Kunsch (Brasil) Universidade de São Paulo

    Secretario Xeral
    Luís Humberto Marcos (Portugal) Instituto Superior da Maia

  • Obxectivos do congreso
    As implicacións entre os axentes da comunicación, a pesquisa e a transferencia social de resultados no ámbito da formación, para a solución a problemas ou como iniciativas novas de seu, lévannos cara a necesidade de establecer unha sorte de estado xeral dos obxectos contemporáneos de investigación, das experiencias de traballo en curso que aínda non contan coa súa propia tradición e de certas tendencias no pensamento comunicacional contemporáneo.

    O exercicio do saber como forma de poder, a reconfiguración da esfera pública como lugar para a diferenza, a interculturalidade e a construcción da igualdade constitúense en retos para este encontro de investigadores e investigadoras da ampla xeografía iberoamericana.

    Santiago de Compostela, a cidade-símbolo da viaxe como transformación, é referencia nos estudos americanistas, e a Facultade de Ciencias da Comunicación, sede do Congreso, acolleu, entre outros eventos, o II Congreso iberoamericano de xornalismo dixital (2003), VII Congreso Lusocom (2006), o Congreso fundacional da AEIC (2008) ou o Encontro Real-Code, Comunicación e Desenvolvemento (2011).

    Ademais, o Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago ten acumulada unha longa experiencia na organización de cursos de doutoramento con universidades iberoamericanas, como coa Nacional de Tamaulipas (México) ou a Técnica Particular de Loja. Do mesmo xeito, na Universidade de Santiago sitúase o Centro Interdisciplinario de Estudios Americanistas “Gumersindo Busto”, tamén cunha fonda traxectoria de pesquisa sobre as relacións con iberoamérica.

    A celebración do IBERCOM 2013 en Galicia da man da AGACOM, para alén de darlle unha maior visibilidade á investigación en Comunicación na Galicia e de materializar o encontro entre académicos, investigadoras e investigadores, vai crear condicións para a cooperación entre ámbitos disciplinares, universidades e países diferentes convocados en torno a Comunicación, cultura e esferas de poder .

  • Divisións temáticas
    • Políticas culturais, tecnoloxías e esferas do poder (DTI 1)
      Coordinación: Francisco Sierra (U. de Sevilla), Luis Humberto Marcos (ISMAI-Instituto Universitario-Portugal), Enrique Sánchez (U. de Guadalajara-México), Eliseo Colón (U. de Puerto Rico)
      - O papel das tecnoloxías e das novas experiencias na democratización do espazo mediático, dos seus usos sociais, e do dereito á apropiación deste espazo para diferentes prácticas de comunicación e de expresión en conxunción coa configuración de novas esferas participativas.
      - Cara a definición dun novo mapa de relacións entre instancias plurais de planificación cultural e o dereito á comunicar: accesibilidade e diversidade como aspectos constituíntes.
      - Novos modelos comunicacionais e construcción de contornos-rede como parte da esfera pública
      - Aspectos regulamentares: gobernanza e modalidades de autoría
    • Estruturas e soportes de comunicación: produción, consumo e recepción (DTI 2)
      Coordinación: Xosé Videla (UdC), Francisco Campos (USC), Isabel Ferin Cunha (U. Coimbra- Portugal), João Freire (UFRJ – Brasil)
      - Estudo da creatividade, deseño, innovación e planificación para a produción e xestión de contidos xornalísticos nos medios impresos, audiovisuais, dixitais, redes sociais e outras formas de comunicación relacionadas cos mesmos.
      - Condicións organizativas e profesionais da actividade xornalística e das outras formas de comunicación
      - Criterios e sistemas de calidade, de regulación, corregulación, autorregulación, responsabilidade social e propiedade intelectual relacionados cós ámbitos profesionais e empresariais da información e a comunicación
      - Técnicas e formas de ideación, creación, innovación, produción, relación, mediación, interación e circulación da información e a comunicación
      - Tendencias, estratexias e técnicas de promoción e comercialización de productos, bens e servizos de información e comunicación
      - Transformacións do mercado da comunicación e efectos da crise na estrutura empresarial dos medios.
      - Evolución das estruturas e modelos de negocio dos medios tradicionais e das novas formas e axentes (micromedios, infomediarios e plataformas) da cadea de valor da produción, intermediación e distribución dos contidos.
      - Converxencia de contidos e plataformas. O consumo multimedia. Produtos transmedia e crossmedia. O estudio das audiências aplicadas aos medios tradicionais e novos medios.
      - A comunicación de mobilidade e a través das redes sociais virtuais.
      - As novas tendencias e formas de recepción, de consumo, de interacción e participación de usuarios e audiencias.
    • Comunicación estratéxica, organizacional e publicitaria (DTI 3)
      Análise e reflexión sobre as novas formas de comunicación corporativa e publicitaria, atendendo ás novas canles e soportes, ás estratexias que as poñen en marcha, así como aos resultados conseguidos. Unha ollada aos actores sociais que comunican (empresas, institucións, partidos políticos, asociacións…) e aos procesos de relación cos seus públicos. Novas propostas, comunicación na Rede e comunicación multimedia.
      Liñas de traballo:
      - Estratexias de comunicación
      - Comunicación de Crise. Comunicación de Riscos.
      - Comunicación empresarial e institucional
      - Redes sociais e comunicación corporativa
      - Reputación 2.0 e estratexia dixital
      - Publicidade e novas alternativas
    • Teoría e métodos de investigación (DTI 4)
      Coordinación: Miguel Silva (U.Porto-Portugal), Raúl Fuentes (Iteso- México), Lucrécia Ferrara (PUCSP- Brasil), Richard Romancini (USP-Brasil)
      Retos metodolóxicos que formulan os novos territorios e os novos fenómenos dun mundo en mutación. Reflexión metodolóxica sobre as experiencias derivadas do traballo investigador: obstáculos e renuncias ás que se confronta a práctica da investigación.

      Liñas de traballo:
      - Avaliación metodolóxica da investigación empírica sobre comunicación. Deseños metodolóxicos para investigacións empíricas.
      - Novos desenvolvementos nas técnicas, ferramentas e procedementos cuantitativos e cualitativos.
      - Experiencias de traballo de campo.
      - Problemas e posibilidades dos métodos de investigación participativa.
      - Aproveitamento e limitacións das estratexias de triangulación metodolóxica.
      - Propostas metodolóxicas para a abordaxe empírica do cibermundo.
      - Recursos e políticas de axuda á investigación empírica sobre comunicación e cultura.
      - Prácticas e métodos a redor das epistemoloxías do Sur

    • Educomunicación (DTI 5)
      Coodinación: Marcelo Martínez (USC), Adilson Citelli (USP – Brasil), , Gabriel Kaplun (U. de la República-Uruguay), Lucía Castellón (U. Mayor-Chile)
      A Educomunicación como eido de investigación interdisciplinar que transcende os límites entre educación e comunicación para xerar espazos de encontro e traballo compartido, ben sexa dende a análise reflexiva, ou dende algún tipo de actividade creativa, máis alá dun acto de alfabetización, sendo unha acción comprometida cun mesmo, os demáis e o contorno.
      As liñas que se propoñen para o debate son as que siguen:
      - Os proxectos educomunicativos como ferramentas de transformación social e dinamización comunitaria: procesos e produtos.
      - A adquisición de competencias comunicativas desde unha perspectiva crítica: vías de participación e tomas de decisións.
      - Metodoloxías de intervención e aprendizaxes significativos: vivencialidade na accón educomunicativa.
      - Prealimentación e intelixencias múltiples na educomunicación: a emocionalidade do facer humano.

    • Os discursos da comunicación: migracións, xénero, movemento cidadán, folkcomunicación (DTI 6)
      Coordinación: Aimée Vega Montiel (UNAM – México), Cicilia Peruzzo (UNESP-Brasil), Conceição Lopes (U. de Aveiro-Portugal), Olga Osorio (UdC)
      Nas accións por apropiarse e democratizar a comunicación como ben común, fronte a deslexitimación e o cercamento do poder hexemónico dos espazos de comunicación e de representación social e cultural, reactívanse cosmovisións, saberes e faceres, crenzas, formas de organización, redes sociais e cidadanas, formas de narración e expresión, formas de ser e de estar,… propios do convivio e da cotidianidade nas culturas e da mobilización política e de clase. O DTI pode atender, xa que logo, as seguintes liñas:
      - Cultura popular e comunicación: memoria, transferenciaexpresión e apropiamentos da comunicación no altermundismo e na diversidade.
      - A acción comunicativa e organizativa nos movementos sociais e culturais en Iberoamerica.
      - Estereotipos e deslexitimación dos grupos sociais e culturais en Iberoamérica: poderes hexemónicos, procesos de cidadanía e medios de comunicación.
      - Resistencia e transformación das culturas e dos pobos fronte á hexemonía comunicativa.
      - Convivencia, cotidianidade e narratividade nas sociedades e culturas iberoamericanas.
      - Iberomérica e a democratización comunicativa.
    • Estudos Cinematográficos e Audiovisuais (DTI 7)
      Coordinación: José Luis Castro de Paz (USC), Gustavo Aprea (UBA- Argentina), Vitor Reia (U. do Algarve-Portugal), Renato Luiz Pucci Junior (UAM-Brasil)
      Análise e estudo do cinema e do audiovisual afondando nas súas transformacións presentes e na súa función identitaria. Entre outras entradas, propóñense as seguintes:
      - Creación de contidos, formatos e tecnoloxía
      - Mudanzas na programación, accesibilidade e novo rol das audiencias en radio e televisión.
      - A análise fílmica dende os contextos históricos e sociais nos que os filmes se producen.
      - A autoría e os cinemas nacionais.
    • Historia da Comunicación e dos Media (DTI 8)
      Coordinación: Alberto Pena (UVigo), Xosé Ramón Pousa (USC), António Holdlfeld (PUCRS-Brasil), Eduardo Gutiérrez (U. Javeriana, Cali- Colombia)

      - Estudio histórico dos emisores, soportes, receptores e mensaxes da comunicación social en calquera das súas dimensións con carácter xeral. Perspectiva, política, social, cultural ou económica. Os grandes modelos discursivos: informativo, publicitario ou propagandístico. Dinámicas de interacción entre os medios de comunicación, as fontes e os públicos.
      - Estudio da evolución histórica das empresas, das tecnoloxías e dos públicos da comunicación nos diferentes países e territorios. Experiencias e innovacións metodolóxicas, historiografías nacionais e internacionais e novas fontes e abordaxes científicas.
      - Historia da comunicación a través dos soportes audiovisuais: Cinema, Radio, Televisión, Medios dixitais.
      - Historias de carácter transversal: Historia da Comunicación, Historia da Prensa, Historia da Cultura e dos Media.

    • GRUPOS TEMATICOS
      Coordinador: Xosé Rúas (UVigo)
      O Congreso abre una liña destinada a grupos de investigación que poderán facer propostas relacionadas cos seus ámbitos de estudo, coa fin de incluílos como capítulos específicos do libro que se editará con posterioridade á celebración do mesmo.
      Cada grupo terá que indicar título, mesa temática na que solicita inscribirse moderador/a dos resumos e comunicacións propostas, consorte os requisitos de matrícula e normas de estilo indicados nas bases do Congreso. Son necesarias un mínimo de cinco comunicacións procedentes de dous países ou centros para a súa aprobación e presentación.
      As propostas de grupos, títulos, moderadores/as e comunicacións asociadas enviaranse por correo electrónico a xoseruas@gmail.com, nos mesmos prazos que rexen para o “call for papers”. Cando se confirme a súa aceptación, abonarase a cantidade de 100 euros por grupo, máis o pagamento da matrícula establecida para cada asistente ao Congreso.
  • Comité organizador
    • Comité organizador
      - Margarita Ledo Andión (Universidade de Santiago de Compostela): Presidenta
      - Xosé López García (Universidade de Santiago de Compostela): Secretario
      - Xosé Ramón Pousa (Universidade de Santiago de Compostela): Secretaría Técnica
    • Vogais
      - Ana Isabel Rodríguez (Universidade de Santiago de Compostela)
      - Emma Torres Romay (Universidade de Vigo)
      - Amanda Paz (Universidade de Santiago de Compostela)
      - María Salgueiro (Universidade de Santiago de Compostela)
      - Francisco Campos Freire (Universidade de Santiago de Compostela)
      - Xosé Soengas (Universidade de Santiago de Compostela)
      - Xosé Pereira (Universidade de Santiago de Compostela)
      - Juan Manuel Corbacho Valencia (Universidade de Vigo)
      - Carmen Costa (Universidade de A Coruña)
      - Silvia Garía Mirón (Universidade de Vigo)
      - José Videla (Universidade de A Coruña)
      - Xosé Rúas Araújo (Universidade de Vigo)
      - Valentín Alejandro Martínez (Universidade de A Coruña)
      - Marcelo Martínez Hermida (Universidade de Santiago de Compostela)
      - Mónica Valderrama (Universidade de Vigo)
  • Comité científico
    • António Holdlfeld, Presidente INTERCOM (Brasil)

      Carlos Arroyo, Vice-Presidente AssIBERCOM (Bolivia)

      César Siqueira Bolaño, Presidente ALAIC

      Clemencia Rodríguez, (Colombia)

      Emma Torres, Directora Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade, UVigo (Galicia)

      Enrique Bustamante, Vicepresidente AE-IC, AssIBERCOM (España)

      Enrique Sánchez, AssIBERCOM (México)

      Francisco Sierra, Vicepresidente CONFIBERCOM

      Gabriel Kaplún, Universidad de la República (Uruguay)

      Gustavo Cimadevilla, AssIBERCOM (Arxentina)

      Immacolata Vassallo, Presidenta AssIBERCOM (Brasil)

      Ingrid Steinbach, AssIBERCOM (Bolivia)

      José Marques de Melo, Presidente de SOCICOM (Brasil)

      Kaarle Nordesnstreng, U. Tampere (Finlandia)

      Lucia Castellón, AssIBERCOM (Chile)

      Luis Humberto Marcos, Secretario General AssIBERCOM (Portugal)

      Margarida M. Krohling Kunsch, Vicepresidenta AssIBERCOM (Brasil)

      Margarita Ledo Andión, Vicepresidenta AssIBERCOM, Presidenta AGACOM (Galicia)

      Miquel de Moragas, Presidente AE-IC

      Moisés de Lemos Martins, Presidente CONFIBERCOM, Presidente de SOPCOM (Portugal)

      Rosa Franquet Calvet, Presidenta Societat Catalana de Comunicació (Catalunya)

      Ulla Carlsson, Presidenta NORDICOM

      Xosé López García, Secretario AGACOM (Galicia)

      Xosé Soengas Pérez, Director Departamento Ciencias da Comunicación, USC (Galicia)

  • Inscrición
    As comunicacións poden ser individuais ou colectivas, e todas/os os autores deberá inscribirse no Congreso para constar no certificado correspondente. As/os que estean presentes no Congreso recibirán, asemade, un certificado de asistencia.
    • Taxas de matriculación

      Do 16 de xaneiro ao 15 de maio de 2013
      Investigadores: 100 euros
      Estudantes: 50 euros
      Membros de AGACOM e AssIbercom: 50 euros

      A partir do 16 de maio de 2013
      Investigadores: 150 euros
      Estudantes: 75 euros
      Membros de AGACOM e AssIBERCOM: 75 euros

    • Pago de inscrición
      Para efectuar o pago, deben facer un ingreso bancario cos seguintes datos
      Nome e apelidos da persoa que se inscribe
      Indicar no concepto Congreso Ibercom 2013
      Nº de conta: 0049.2584.90.2214002210 (Banco Santander)
      IBAN: ES40 0049.2584.90.2214002210
      SWIFT: BSCHESMMXXX

      Ao realizaren o pago, deberán enviar unha copia do ingreso a agacom@agacom.org

  • Calendario
    • 31 de xaneiro de 1013
      Peche do prazo para a aceptación de resumos
    • 1 de marzo de 2013
      Peche do prazo para a admisión de propostas
    • 30 de abril de 2013
      Peche do parzo para o envío de comunicacións completas
  • Contacto
    María Salgueiro
    agacom@agacom.org

    Oficina Técnica Congreso IBERCOM
    Facultade de CC. da Comunicación
    Universidade de Santiago de Compostela
    Avda. Castelao s/n
    15782 – Santiago de Compostela
    A Coruña
    T. +34 881 816 500

    SECRETARIADO AssIBERCOM
    e-mail: ibercom@imultimedia.pt
    www.imultimedia.pt/ibercom

Publicado en Congreso, Próximo congreso