O vindeiro 1 de marzo remata o prazo para a comunicación de propostas aceptadas do XIII Congreso IBERCOM. Baixo o título ‘Comunicación, Cultura e Esferas de Poder’ este encontro anual de investigadoras e investigadores da contorna iberoamericana aborda o exercicio do saber como forma de poder, a reconfiguración da esfera pública como lugar para a diferenza, a interculturalidade e a construcción da igualdade.
A Asociación Galega de Investigadoras e Investigadores da Comunicación (AGACOM) asume a organización desta edición do congreso que se celebrará do 29 ao 31 de maio na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
Máis información en:
www.ibercom2013.com
A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]
Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]
A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]