Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

“Género – Contributos para uma Compreensão Efetiva das Mudanças”: Call for papers da Revista Lusófona de Estudos Culturais

12/01/2015

A Revista Lusófona de Estudos Culturais (RLEC) vén de abrir o prazo de envío de artigos para o seu seguinte número. A temática encádrase baixo o título “Género — Contributos para uma Compreensão Efetiva das Mudanças”, e busca profundar nos “significados e significancias culturais” dos cambios nas relacións de xénero nos últimos vinte anos. Para iso, convidan ao envío de artigos que “nunha lóxica inter ou transdisciplinar, concorran para unha discusión crítica sobre asuntos relacionados con xénero, poder, ideoloxía, imaxinario, identidade, subxectividade, discurso e representación, en diversos contextos políticos e socioculturais (…)”. Como referencia, explican que darán prioridade aos artigos que exploren os seguintes subtemas:

– Interseccionalidade (e.g. etnia, clase, sexualidade, xeración, idade, nacionalidade, relixión)
– Diáspora e migración transnacional
– Maternidade e escolla
– Envellecemento ou discriminación por idade
– Lecer e ocio
– Invisibilidade e hipervisibilidade
– Hibridez e fragmentación do suxeito feminino poscolonial
– Construción da fronteira humano-animal
– Corpos, sexualidades e desexos
– Corpo perfecto (im)perfecto
– Transformacións do corpo humano
– Espazo e espacialidade
– Lugar, experiencias de pertenza e sentido de comunidade
– Culturas do traballo
– Cultura visual e performance
– Cultura das celebridades
– Normalidade e desvio
– Poética e estética da alteridade
– Formación de xerarquias
– Procesos de empoderamento (ou capacitación) e de control

Os traballos poden enviarse ata o 16 de febreiro, cumprindo coas normas especificadas na web da revista. Acéptanse artigos en portugués e inglés, que serán sometidos a revisión por pares.

MÁIS NOVAS
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
Margarita Ledo Andión recibe o XII Premio de Igualdade “Ernestina Otero” 
A Catedrática recollerá este recoñecemento o vindeiro venres 15 de marzo.
07/03/2024

O Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller entregarán o Premio de lgualdade ”Ernestina Otero” á Catedrática emérita e membro do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo Andión. A entrega do premio honorífico realizarase no transcurso dunha gala que terá lugar o venres 15 de marzo ás 20:00 horas no salón de recepcións […]

Seguir lendo
Aberta a inscrición para a décima edición do CO(M)XÉNERO. Imaxes do delito.
O seminario terá lugar nos días 8 e 9 de abril na Facultade de Cc. da Comunicación.
26/02/2024

Os días 8 e 9 de abril de 2024, a décima edición do CO(M)XÉNERO, organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA), aborda as prácticas fotográficas feministas, os espazos nos que se producen, as posicións dende as que se enuncian e os seus mecanismos de visibilización. Pilar Aymerich, Premio Nacional de Fotografía 2021, capturou coa súa […]

Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais