Galicia en NO-DO: comunicación, cultura e sociedade (1942-1981)

José Luis Castro de Paz
Consellería de Innovación e Industria
2010-2011
O proxecto de investigación Galicia en NO-DO. Comunicación, cultura e sociedade (1942-1981) constituíu unha ollada analítica verbo da imaxe de Galicia construída dende o noticiario cinematográfico, en tanto instrumento crucial no aparato de propaganda franquista e, en consecuencia, de adoutrinamento por parte do Réxime ditatorial. Deseñouse, con tal finalidade, un minucioso análise fílmico que nos permitiu acceder á comprensión profunda, espectacular e informativa de cada peza, desvelando os procedementos formais e expresivos aplicados, así como a construción da idea ‘Galicia’ que emana dos mesmos.
Publicado en investigación
Investigacións