Foro Internacional Cine de Pequenas Nacións, Alfabetización Fílmica e Novas Audiencias

Santiago de Compostela
23 ao 24 de outubro de 2014

  • Presentación

    Traer para o debate e pór en relación todas as variábeis que poidan contribuír á construción de novas audiencias é o obxectivo deste foro de expertos e expertas de varios países e do medio profesional, académico e creativo.
    A diferenza, neste caso, establécese arredor das pequenas nacións como espazos comunicativos, do cinema en V.O. e de situacións nas que a lingua propia a pesares de non ser minoritaria está minorizada. Abórdanse, asemade, as políticas da diversidade non soamente como recoñecemento senón como accións concretas que garantan a expresión e a difusión das obras.
    O Foro é parte do proxecto do Plan Nacional de I+D+i “Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en versión orixinal”(ref. CSO2012-35784. Ministerio de Economía e Competitividade) que desenvolve o Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela baixo a dirección da catedrática Margarita Ledo Andión.

  • Programa
    • XOVES 23 DE OUTUBRO
      16:00 horas | Recepción.
      Aula 0
    • 16:30 horas | Cine de pequenas nacións, alfabetización fílmica e novas audiencias.
      Aula 0
      Coord.: Xosé Soengas (USC)

      - Exposición dos obxectivos do foro
      - Presentación do proxecto “Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en V.O.” (MINECO. CSO2012-35784)

      Interveñen:
      • Margarita Ledo Andión (USC)
      • Antía López Gómez (USC)

    • 17:30 horas | Para unha cartografía crítica das cinematografías nacionais europeas
      Aula 0
      Coord.: Amanda Paz Alencar (Universiteit Van Amsterdam)

      -Coñecer a situación de pequenas cinematografías para avaliar o rol da diversidade nas políticas públicas de apoio ao cinema na contorna europea.
      -Identificar os problemas de visibilización deses cinemas no Espazo Dixital Europeo.

      Interveñen:
      • Marta Pérez Pereiro (USC)
      • Pietari Kääpä (University of Stirling).
      • Steve Blandford (University of South of Wales)

    • 19:00 | Pausa
    • 19:15 horas | Proxección: “Read the Masks. Tradition is not given”. (Dir. Petra Bauer e Annette Krauss. 2009. 80′)
      Auditorio
    • VENRES, 24 DE OUTUBRO

      10:00 horas | Alfabetización fílmica e Novas Audiencias
      Aula 0

      Coord.: Vítor Reia Baptista (Universidade do Algarve)
      - Novas audiencias para un cinema libre de estándares.
      - Novas linguaxes e producións culturais con escasa visibilidade no mercado.
      - A alfabetización fílmica como factor chave para a creación de novos públicos.

      Interveñen:

      • Mark Reid (British Film Institute)
      • Ian Wall (Film Education)
      • Florine Wiebenga (Eye Film Institute)

    • 11:30 horas | Pausa
    • 12:00 horas | Cara un cinema sen barreiras
      Aula 0
      Coord.: Marta Pérez Pereiro (USC)

      O acceso á diversidade no cinema baixo diferentes perspectivas:
      -A accesibilidade de diferentes colectivos como produtores de cinema
      -Experiencias de superación de barreiras físicas, comerciais, lingüísticas, políticas do cinema
      -Os diferentes modos de confrontar a exclusión nos filmes
      Interveñen:
      • Pablo Romero Fresco (University Roehampton)
      • Federico Spoletti (Sub TI)
      • Virginia Villaplana (Universidad de Murcia)

    • 13:30 horas | Proxección: “Subtramas” (Dir. Virginia Villaplana, Diego del Pozo e Montse Romaní. 2014. 70’)

      Auditorio

    • 16:30 horas | Itinerarios para a circulación dos pequenos cinemas
      Aula 0
      Coord.: Patxi Azpillaga (Euskal Herriko Unibersitatea)
      - Novas pantallas, novos modos de acceso para a accesibilidade dos novos cinemas.

      Interveñen:
      • Marijke de Valck (Universiteit Van Amsterdam)
      • Luz Delgado (Europa Cinemas) e Juan Heras (Cines Van Dyck)
      • Aida Vallejo Vallejo (Euskal Herriko Unibersitatea)

    • 17:30 horas | Conclusións
      Aula 0
      Coord.: Enrique Castelló Mayo (Universidade de Santiago de Compostela)
    • 18:00 horas | Pausa
    • 18:15 horas | Proxección: Premios Alfabetización Audiovisual. ICAA
      Auditorio
      “Persoas” (IES Cacherias-Teo. 2013. 15’)
      “Massó no recordo” (CEIP A Rúa Cangas. 2013. 20’.)

    • 19:30 horas | Proxección: “Negra blanca” (Imma Benavente, Helena de Llanos, Miguel A. Rodriguez, Elsa Barreras, Irene Núfar, Ángel Monpeán, e Nacho Valero. 2013. 90’)

      Auditorio

  • Comité organizador
    • Comité organizador
      - Margarita Ledo Andión (USC): Presidenta
      - Ana Isabel Rodríguez (USC): Secretaria
      - Silvia Roca Baamonde (USC): Secretaría Técnica
    • Vogais
      - Enrique Castelló Mayo (Universidade de Santiago de Compostela)
      - Xaime Fandiño Alonso (USC)
      - Antía López Gómez (USC)
      - Amanda Paz Alencar (Universiteit Van Amsterdam)
      - Marta Pérez Pereiro (USC)
      - Xosé Soengas Pérez (USC)
  • Comité científico
    • -Margarita Ledo Andión (USC)
      -Francisco Javier Azpillaga Goenaga (Euskal Herriko Unibersitatea)
      -Steve Blandford (University of South Wales)
      -Demetrio Brisset Martin (Universidad de Málaga)
      -Enrique Castelló Mayo (USC)
      -Xaime Fandiño Alonso (USC
      -Begoña Gutiérrez San Miguel (Universidad de Salamanca)
      -Antía López Gómez (USC)
      -Amanda Paz Alencar (Universiteit Van Amsterdam)
      -Marta Pérez Pereiro (USC)
      -Vitor Reia-Baptista (Universidade do Algarve)
      -Ana Isabel Rodríguez Vázquez (USC)
      -Francisco Sierra Caballero (Universidad de Sevilla)
      -Xosé Soengas (USC)
      -Virginia Villaplana Ruiz (Universidad de Murcia)

  • Proxeccións
    • Ciclo Cinema alén barreiras. Políticas da Colectividade

      “Read the Masks. Tradition is not given” (Petra Bauer e Annette Krauss. 2009. 80’). 23 de outubro. 19:15 h. Auditorio.
      A película é parte de un proxecto do mesmo título que cuestiona a tradición holandesa do Zwarte Piet ao abeiro das súas implicacións sociais e políticas.

      “Subtramas” (Virginia Villaplana, Diego del Pozo e Montse Romaní. 2014. 70’). 24 de outubro. 13:30 h. Auditorio.
      Ensaio documental sobre a dimensión colaborativa na produción de relatos audiovisuais. A película xustapón tres capítulos abertos: a produción de novos imaxinarios, as
      experiencias participativas que experimentan coa recepción e a pedagoxía da imaxe colectiva.

      “Negra Blanca” (Imma Benavente, Helena de Llanos, Miguel A. Rodriguez, Elsa Barreras, Irene Núfar, Ángel Monpeán, e Nacho Valero. 2013. 90’). 24 de outubro. 19:30 h. Auditorio.
      Filme colectivo entre a realidade e a ficción dunha vila á que lle gustan as historias. Ate onde estamos dispostos a crer?

    • Ciclo Premios Alfabetización Audiovisual ICAA
      “Persoas”(IES Cacherias-Teo. 2013. 15’). 24 de outubro. 18:15 h. Auditorio.
      Curtametraxe sobre as migracións e a igualdade entre persoas. Problemas internacionais como a extrema pobreza, a discriminación de xénero, os coflitos bélicos e a falta de
      liberdade de expresión. A peza é froito do proxecto de alfabetización audiovisual “Aturuxo Filmes”, que o IES Cacheiras de Teo desenvolve dende hai nove anos. A sesión irá
      precedida da exposición do proxecto por parte do equipo docente responsable do mesmo.

      “Massó no recordo” (CEIP A Rúa Cangas. 2013. 20’). 24 de outubro. 18:30 h. Auditorio.
      Traballo documental sobre a memoria dun espazo e a súa pegada nas xentes que o habitaron. O filme é resultado do proxecto de alfabetización audiovisual “Cineando
      Ilusións”, que o CEIP A Rúa de Cangas desenvolve en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) como parte da actividade “Cinema en curso”. A sesión será
      precedida da exposición do proxecto por parte do equipo docente responsable do mesmo.

  • Inscrición
    A asistencia é gratuita tras solicitude no correo electrónico (antes do 22 de outubro):
    estudosaudiovisuais.usc@gmail.com
    Entregarase diploma de asistencia aos alumnos das Universidades do Sistema Universitario Galego, así como aos asistentes non estudantes que o soliciten expresamente.
  • Contacto
    Silvia Roca. Grupo de Estudos Audiovisuais.

    Oficina Técnica Foro Cinema of Small Nations,
    Facultade de CC. da Comunicación
    Universidade de Santiago de Compostela
    Avda. Castelao s/n
    15782 – Santiago de Compostela
    A Coruña
    T. +34 881 816 571

    SECRETARIADO FORO
    e-mail: estudosaudiovisuais.usc@gmail.com

Publicado en Congreso, Próximo congreso