Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Aberto o prazo de presentación de filmes á Mostra de Cine Etnográfico do Museo do Pobo Galego

14/03/2016

O Museo do Pobo Galego abre o prazo para a presentación de obras á XI Mostra de Cine Etnográfico.
Requirimentos de participación:
Para concorrer a esta Mostra, as obras presentadas deberán ter sido producidas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2014.
A duración dos traballos presentados non poderá exceder os 90 minutos.
Os e as autoras e as produtoras poderán presentar un máximo de dúas obras.
As producións realizadas en Galicia deberán estar en lingua galega ou, no seu defecto, subtituladas neste idioma.
As realizadas fóra de Galicia poderán estar en calquera
idioma sempre que inclúan subtítulos en galego ou castelán.
Criterios de selección:
Serán valorados como criterios de relevancia a importancia das cuestións sociais abordadas, a calidade técnica e o sentido estético, a innovación tanto no temático
como na maneira de comunicalo, e a relevancia científica.
Premios:
O Premio á mellor película etnográfica consistirá en 900 euros.
O premio á mellor produción galega ou referida a Galicia consistirá en 600 euros.
O premio do público consistirá nun diploma e trofeo acreditativo.
Peche do prazo: 7 de abril de 2016
Máis información na web do Museo
Bases completas aquí

MÁIS NOVAS
Margarita Ledo Andión participa nas xornadas “50 anos do 25 de abril”
A Catedrática emérita do GEA estará presente no coloquio: "O 25 de abril do outro lado do Miño" na Facultade de Filoloxía da USC
12/04/2024

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]

Seguir lendo
30 aniversario da AGAPI
A segunda xornada terá lugar o mércores 17 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
12/04/2024

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]

Seguir lendo
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais