Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

A USC albergará o maior proxecto de investigación en contidos dixitais

22/10/2009

A Universidade de Santiago de Compostela presentou o pasado 22 de outubro o seu Centro de Produción e Experimentación en Contidos Dixitais, o maior proxecto desta caste dentro do programa Profesionales Digital.es, do Ministerio de Industria, que destinará 1.150.000 euros para este centro. Na súa creación colaborou o profesor de Comunicación Audiovisual e investigador do Grupo de Estudos Audiovisuais, Enrique Castelló Mayo.

A entidade pública Red.es, dependente da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, en colaboración coa Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), veñen de presentar o proxecto de creación dun Centro de Produción e Experimentación en Contidos Dixitais (CEPECD) en Galicia que, entre outras cousas, funcionará como unha unidade transversal de formación de profesionais en contidos dixitais.

Este Centro, que terá a súa sede en Santiago de Compostela, estará composto por varias unidades diferenciadas orientadas á produción de contidos audiovisuais, á produción e experimentación 3D, aos videoxogos e á postprodución, almacenamento e difusión de contidos dixitais. O proxecto, que está dotado cun orzamento de 1.150.000 euros, fai parte do programa Profesionales Digital.es que se está a desenvolver nun total de 21 universidades públicas do Estado, entre as que se atopa a USC, entidade académica que achega o 30 por cento do capital investido neste Centro.

O obxectivo principal do novo centro da USC vai ser impulsar a industria de contidos dixitais, mediante accións de formación e investigación; experimentar con escenarios virtuais, animación 3D, e aplicar os seus resultados en técnicas de realidade virtual, que sirvan como apoio ao sector multimedia e audiovisual.

O CEPECD recibiu xa o apoio de diferentes empresas especializadas en contidos dixitais como a Axencia Efe, Bren Entertainment, Blu:sens, Filmax Animation, Ficción Producciones, R Cable, Knowledge Factory, e outras corenta que xa mostraron o seu interese en sumarse ao proxecto.

MÁIS NOVAS
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
Margarita Ledo Andión recibe o XII Premio de Igualdade “Ernestina Otero” 
A Catedrática recollerá este recoñecemento o vindeiro venres 15 de marzo.
07/03/2024

O Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller entregarán o Premio de lgualdade ”Ernestina Otero” á Catedrática emérita e membro do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo Andión. A entrega do premio honorífico realizarase no transcurso dunha gala que terá lugar o venres 15 de marzo ás 20:00 horas no salón de recepcións […]

Seguir lendo
Aberta a inscrición para a décima edición do CO(M)XÉNERO. Imaxes do delito.
O seminario terá lugar nos días 8 e 9 de abril na Facultade de Cc. da Comunicación.
26/02/2024

Os días 8 e 9 de abril de 2024, a décima edición do CO(M)XÉNERO, organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA), aborda as prácticas fotográficas feministas, os espazos nos que se producen, as posicións dende as que se enuncian e os seus mecanismos de visibilización. Pilar Aymerich, Premio Nacional de Fotografía 2021, capturou coa súa […]

Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais