Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

A Universidade de Cambridge acollerá este sábado unha conferencia de José Luis Castro de Paz, dentro do XVI CILEC

11/06/2015

Por terceiro ano consecutivo, o Proxecto de Investigación Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648, Plan Nacional de I+D+i 2013-2015, Mineco – Goberno de España) estará presente no Congreso Internacional de Literatura Española Contemporánea, que nesta edición será celebrado nas universidades de Cambridge, Complutense de Madrid e A Coruña durante os vindeiros sete días, co lema A diversidade na literatura, o cine e a prensa española.
O evento comezará o sábado día 13 na súa sede británica nunha xornada que culminará ás 18:15 coa conferencia de José Luis Castro de Paz Homenaxe a Wenceslao Fernández Flórez: Historias de cine onde o Investigador Principal do Proxecto abordará as intensas relacións entre a literatura do escritor coruñés e o cinema español.
Ademais, outros dous membros do plan de traballo do Proxecto participarán tamén no programa de sesións científicas cunha comunicación sobre a película La manigua sin dios (Arturo Ruiz-Castillo, 1947), que será presentada o venres 19, xusto antes da conclusión do Congreso na Universidade da Coruña.

MÁIS NOVAS
Margarita Ledo Andión participa nas xornadas “50 anos do 25 de abril”
A Catedrática emérita do GEA estará presente no coloquio: "O 25 de abril do outro lado do Miño" na Facultade de Filoloxía da USC
12/04/2024

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]

Seguir lendo
30 aniversario da AGAPI
A segunda xornada terá lugar o mércores 17 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
12/04/2024

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]

Seguir lendo
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais